Navegación por
Categoría: publicacións

FELONÍA E RISA CONSONTE A ANTROPÓLOGA GODINHO  

FELONÍA E RISA CONSONTE A ANTROPÓLOGA GODINHO  

O 14 de novembro de 2012 enviounos Emilio Araúxo un “vibrante” felo-texto da antropóloga e profesora portuguesa Paula Godinho [que recentemente ingresou na Academia de Ciencias Sociais do Couto Mixto]. Conformaban 19 páxinas abondo salientábeis en clave nosa dende unha ollada diferente. O título orixinal era “Da felonía – Apontamentos sobre a risa e o entroido de Maceda”. No primeiro parágrafo podemos ler: “Olho para esta foto, e para esta, e para a outra. São felos do concello de Maceda,…

Ler máis Ler máis

A REPORTAXE QUE PUXO AOS FELOS NO PLANO MEDIÁTICO

A REPORTAXE QUE PUXO AOS FELOS NO PLANO MEDIÁTICO

O 8 de febreiro de 1989, apareceu na contraportada do xornal La Voz de Galicia, un traballo pioneiro do periodista Federico Cocho, que estivera en varias aldeas de Maceda para artellar aquela reportaxe. Os Felos de Maceda lograban a última páxina completa do xornal de maior difusión en Galicia [naquela altura edición global]. Até daquela apenas eran coñecidos mediaticamente fóra da nosa contorna. De feito o xornalista comezaba dicindo que non fora doado localizalos, aínda que nunca deixaran de aparecer…

Ler máis Ler máis

ENTREVISTA A UN FELO AMIGO

ENTREVISTA A UN FELO AMIGO

Comezamos o engaiolante traballo de campo arredor do universo Felo a finais dos anos 80 do século pasado. Trinta e pico anos despois fixémoslle, no relevante libro en clave nosa “Conversas co Bieito” (Prol: 2022), publicado pola editora ourensá Difusora, varias preguntas arredor do enigma ao noso amigo Xosé Bieito Seara Formoso (páxinas 241-244 do capítulo “Vida social / O lecer”). Recuperámolas desta volta, xa que logo sintetizan aqueladamente o que hogano interpela aos Felos de Maceda. Mesmo o camiño…

Ler máis Ler máis

EMILIO ARAÚXO, NO TELÚRICO TERRITORIO FELO

EMILIO ARAÚXO, NO TELÚRICO TERRITORIO FELO

Nunha das nosas visitas á Librería Couceiro en Compostela, na procura dun volume pra contextualizar a biografía que estabamos a facer sobre Benigno Álvarez, obsequiáronnos cun sorprendente libro do poeta francés Claude Royet-Journoud titulado “Frases para un felo”, que acababa de editar o selo AMASTRA-N-GALLAR (2002). As fotografías eran de Emilio Araúxo, artífice deste singular selo editorial. Logo virían moitos máis [en edición non vernal]. O propio Emilio Araúxo denominounos felo-textos. El remesaba unha ou varias fotografías a poetas, antropólogos,…

Ler máis Ler máis

ELIXIO RIVAS E O NOSO ENTROIDO

ELIXIO RIVAS E O NOSO ENTROIDO

Na “biblia” da nosa contorna aparece unha singular aproximación ao Entroido. Estamos a falar do indispensábel volume “A Limia” do egrexio etnógrafo e filólogo Elixio Rivas Quintas [Dep. Ourense, 1985]. Nas páxinas 685-89 mételle o dente a esa tradición, capítulo XXIX [“Etnografía”], subcapítulo 14 [“Ano Festeiro”]. Recuperamos o máis salientábel do imprentado por este sobranceiro investigador en clave nosa: “O galego ten a verba entroido [“introitu”], entrada á Coresma] (…). Hai quen coida que neses días prescribe toda lei moral…

Ler máis Ler máis

VICENTE RISCO E A NOSA CARAUTA

VICENTE RISCO E A NOSA CARAUTA

No imprescindíbel volume “Geografía General del Reino de Galicia. Provincia de Orense”, de Vicente Risco [o ideólogo maior da Xeración Nós naquela altura], atopamos nas páxinas 747-48, falando de Verín e da súa contorna, parágrafos capitais a respecto do tronco común do Noso Entroido [deles tirouse posteriormente en non poucas publicacións]. Investigado e redactado a mediados dos anos 20 do século XX [abeira os 100 anos], Risco fai unha sintética radiografía da máscara hexemónica, na que aparecen nomeados os felos….

Ler máis Ler máis