O DOUTOR LAGE PARENTE, ARTÍFICE DO MUSEO DO MÉDICO RURAL DE MACEDA

No verán de 2018, cando estaba en pleno proceso de xestación o Museo do Médico Rural, o doutor José Manuel Lage Parente [veciño noso na Rúa do Reconco], díxonos se lle podiamos dar opinión “in situ” sobre aquela “gravidez” que estaba a piques de “saír de contas”. Quedamos impresionados, xa naquela altura, mesmo cando aínda non había paneis explicativos nas diferentes estancias e vitrinas, iluminación focalizada e demais pormenores que axiña inseriría. Ollamos outra volta o Museo do Médico Rural … Segue lendo O DOUTOR LAGE PARENTE, ARTÍFICE DO MUSEO DO MÉDICO RURAL DE MACEDA